Volve o club de lectura 'Cidade Vella'


Comezamos un ano máis coas nosas aventuras no club de lectura 'Cidade Vella'. Esta tempada dedicarémola a un libro moi especial “Contos de ratiños”, unha obra clásica de Arnold Lobel.


-Papá, xa estamos todos na cama -dixeron os ratos-. Anda cóntanos un conto.-Farei algo mellor -dixo Papá-. Contareivos sete contos, un para cada un de vós...  
Así empezan estas sinxelas historias de ratos, cheas de sarcasmo, sentido do humor e un toque tenro. Sete historias curtas para divertir e sorprender que nos van permitir cada mes traballar valores como a empatía (preocupación polo outro), o medo, o respecto aos demais, a axuda entre amigos, a cooperación ou saber dar segundas oportunidades ás persoas...


O vindeiro sábado 20 de outubro empezaremos polo conto “O pozo dos desexos”, onde faremos actividades para traballar a empatía e ensinar aos nenos a poñerse no lugar dos demáis.
¡Esperámosvos!

Comentarios